Toma de posesión como Cronista Oficial de Betanzos
25 agosto 2019 • Blog
A las siete y media de la tarde del 25 de febrero de 1983, en la Sala Capitular del Ayuntamiento, se me hizo entrega de las credenciales de Cronista Oficial de la Ciudad de Betanzos por don Gerardo Fernández Albor, presidente de la Xunta de Galicia, y por el alcalde don Vicente de la Fuente García, acompañados en la presidencia por don Domingo Ferreiro Picado, Gobernador Civil de la Provincia; don José Filgueira Valverde, consejero de Cultura de la Xunta de Galicia y Cronista Oficial de la Provincia de Pontevedra; y don Francisco Caamaño Pajares, Juez de Primera Instancia de Betanzos.
El alcalde de la ciudad tras recibir al presidente de la Xunta en su primera visita oficial a Betanzos, manifestó: “…hoy es día de gala para la cultura de nuestra ciudad y sus Mariñas, pues van a ser entregadas las credenciales al Cronista Oficial de la Ciudad, José Raimundo Núñez Lendoiro. También posteriormente será inaugurado el Museo das Mariñas… Seáis, señor presidente, bienvenido a nuestra ciudad y consideraos uno más entre nosotros”.
Seguidamente el secretario de ayuntamiento don Emilio Julio García Crespo procedió a dar lectura del acuerdo de la Excma. Corporación Municipal por el que se me nombraba Cronista Oficial de la Ciudad, recibiendo a continuación las credenciales del presidente de la Xunta de Galicia y del alcalde. Acto seguido y tras expresar mi agradecimiento, me dirigí a los presentes para tratar sobre “Os Cronistas que foron do Reino de Galicia” en la manera siguiente:
“Excmo. Señor Presidente da Xunta de Galicia, Ilmo. Señor Alcalde Presidente do Excmo. Axuntamento, Excelentísimos e Ilustrísimos señores, miñas donas e meus señores: Nos poucos anos que tiven a oportunidade de espoñer algunhas manifestación do noso pasado, foron moi poucas as ocasións nas que non tratei sobor das cousas desaparecidas; e un laio constante o que os galegos facemos sobor do que xa non posuimos, alonxamos o presente e os novos valores, que a sua vez, serán a perenne añoranza dos vindeiros.
Cando o discurrir dos pobos conta con alguén que amprie a tradición, mediante o expreso acopio dos seus valores, pode decirse que está a facer historia. O esquencimento e abandono das fontes que nos levan ao pasado, xenera a destrución da identidade, e con elo a perda da concencia do que é un País.
Non estivo Galicia moi lonxe de realidade tan crudel, nese terreo, e moito o que debemos a os Cronistas que foron do Reino de Galicia. Chégase ao século XIX, cos arquivos cheos de pó e couza sin sere moi estudados, feito que mermou a conservación de moitos datos, si a elo aparexamos as vexacións a que se viron sometidos. Somentes, dinos Fernández-Villamil foron os cronistas do Reino, os interesados en descobrir as grorias pasadas e iso cando xa estaban a piques de se perder.
Foi Frai Felipe de la Gándara e Ulloa o primeiro Cronista de Galicia, con tiduo oficialmentes adequerido, no 1654; tentou a pubricación da Historia Xeral de Galicia, que chegou ir ao prelo, que se seipa, por falla de axuda para a súa impresión. Tras seu pasamento, pasan cincoenta anos, deica o nomeamento dun sucesor.
Non había acordo no Reino, sobor da persoa a desiñar. Eis é, que A Cruña apoiou unha petición presentada polo crego secular D. Antón Paredes Ponte e Andrade, sin chegar a nengunha resulta. O mesmo acaesce co predicador de Santo Domingo da Cruña, Frai Xoán Pacheco e Troncoso, autor das «Fiestas Compostelanas», apoiado pola mesma Cidade, e do que tan soio se sabe que a cidade de Tui expideulle tiduo de cronista o 23 de Novembro do 1718, mais non o Reino.
O 31 de Agosto do 1737, noméase Cronista do Reino a D. Francisco Xavier Manoel de la Huerta y Vega, cunha pensión anual de 1.000.- ducados, que aportarían con carrego aos propios e arbitrios as cidades e vilas de Galicia. Iste reparto supoñía para a Provincia de Betanzos un desembolso de 993.- reás, cantidade que pareceu moi outa e promoveu un escrito do noso Concello, dirixido ás demais de Galicia, o 27 de Marzo de 1742, no que se compadece de vere os seus vasallos carregados de tributos, polo que revocaba o nomeamento, por consideralo ocioso; na sesión do 6 de Xaneiro do mesmo ano, decídese comunicar o acordo ao Rei e seu Concello, acadando a súa aprobación, de xeito que se suspendera o pago de salarios dende a data do auto, 12 de Marzo de 1742, coa obriga de comunicalo ás demais cidades do Reino. A medida tomada pola nosa cidade naquel entón, era carente de senso e motivou ca obra histórica de «Huerta» non chegara ao seu remate.
O derradeiro dos pretendentes ao cárrego de Cronista, foi D. Ignacio Benito Avalle, quen comenzaba xestión na Conferencia do Reino, o 29 de Maio de 1760.
Sempre houbo defensores do Patrimonio Artístico de Betanzos, e intresados no estudo da súa Hestoria, casos aillados que viviron o regocixo do achádego ou o descobrimento de novos datos, sometidos á incomprensión do pobo, que os ollaba con retranca tras sua prescripción de tolemia polas pedras. E unha laboura calada, que pescuda no pasado, para cobrir lagoas dos anos escuros, en tempos extraídos de moitas atencións.
Devanceiros nosos como D. Manoel Antón de Verín e González de Hevia, D. Manoel Martínez Santiso, D. Xoán Gómez Navaza, entre outros, cubriron difíciles etapas de investigación, ao carescer dos adiantos que hoxe nos da a técnica, baste relembrar os meios de locomoción de aquelas épocas, para maxinar o esforzo a realizar para levar a remate a súa laboura. E unha herencia que condiciona e obriga.
Para chegar á istitucionalización do «Cronista Oficial», tivo que sofrir nosa cidade cantidade de aldraxes sobor do seu patrimonio. Por unha parte a queima e destrución do noso arquivo histórico, acaescida no 1809 polos invasores franceses, pola outra, a non rematada actitude popular, mal aconsellada por moitos técnicos, que vai minando os poucos currunchos que fican dun pasado digno de loubanza. Non esquencemos, que moitas distas accións contaron no seu día coa aquiescencia das autoridades, e o caso, do desaparecido Mosteiro de San Francisco, os achegos nas murallas, o arrumbo da Porta Reial ou da Vila, a perda do Peirao, a pasividade diante as que se estan deixando destroir. Débeda contraida coas novas xeneracións privadas diste legado que, por dereito, tiñan de herdar.
A comenzos de século, si ben en Betanzos non tiña sido nomeado «Cronista Oficial», sería faltar á xusticia o esquencer ao noso parente D. Antón Núñez Díaz, quen de xeito privado exercía tal función, editou duas guias turisticas, dirixiu a revista «Núñez» e colaborou en numerosas publicacións, decote co tema Betanzos.
Igoalmente ocurria con D. Francisco Xavier Martínez Santiso, investigador infatigabel e calificado polo Axuntamento coma “Intelixente en obras municipales”, unha vida adicada ao estudo, ao debuxo mais á pintura, un intelectual namorado da sua cidade nadal e bisbarras.
Cando D. Francisco Vales Villamarin foi nomeado «Cronista Oficial da Cidade» ben sabia os sinsabores que lle agardaban. Xurde sua xestion noutro dos intres difíciles polos que atravesa Betanzos, a destrución de varias casas señoriais, a loita contra os traficantes de obras de Arte, os roubos… cada noticia neste senso era un sablazo que rescibía, feitos que non mermaban enerxías a sua continua loita na defensa dos valores das Mariñas. Foi o home, que coñecin, mais amante da sua terra.
Os condicionamentos actuais de Betanzos, no campo da Arte e da Cultura estan a pasar por unha fase de rexurdimento. Por unha banda, o aparescemento do “Grupo Untia”, permite en certa medida as recuperacións artísticas e a sensibilidade cultural, e por outra, o achego desenrolado pola Corporación, fará sen dúbida ca laboura do Cronista sexa mais doada.
Señor Alcalde acabades de entregarme no nome da Corporación os tiduos acreditativos de «Cronista Oficial da Cidade», ao leer istas homildes liñas, trouxen ao recordo grandes homes, a quenes quixera somellarme, eu tan soio podo prometer que pondrei todo o empeño en non defraudar vosa confianza, e pido que me axudedes para có camiño que hoxe comenzo sexa proveitoso tanto para nosa cidade e bisbarra, coma para Galicia. Dixen. [Firmado] José Raimundo Núñez Lendoiro [Rúbrica].».
Además de los concejales de la Excma. Corporación Municipal, se encontraban entre otras autoridades provinciales y locales, familiares y amigos, don Ramiro González Mateos, Teniente-jefe de linea de la Guardia Civil; don Román Bretal Sieira, rector de la iglesia de Santiago, matriz de la ciudad; don Ángel Sicart Giménez, director general de Patrimonio Cultural de la Consejería de Cultura de la Xunta de Galicia, con su mujer la ilustre historiadora doña Dolores Vila Jato; don Juan Naya Pérez, cronista oficial de La Coruña; don Ángel Rodríguez González, catedrático y cronista oficial de Santiago; doña Carmela Arias y Díaz de Rábago, condesa de Fenosa; el ilustre artista don Isaac Díaz Pardo y su mujer doña Carmen Arias Montero; el académico don Carlos Martínez-Barbeito y Morás; don Teodoro Sandomingo García, responsable del negociado de Cultura de la Diputación Provincial; el ilustre historiador y profesor don Fernando Urgorri Casado; don Francisco Vales-Villamarín Vía; el investigador don José Manuel Sánchez García; el escritor don Manuel Rodríguez Crespo, consejero de Caixa Galicia; don Manuel Silvarrey Grandío, director de la División Internacional de Caixa Galicia; la poetisa doña Luisa Crestar Díaz; el profesor don José Antonio Míguez Rodríguez y los miembros del Grupo Untia-Seminario de Estudios Mariñanes.
Tras el acto de entrega de credenciales, todas las autoridades y el numeroso público asistente se encaminaron hacia el ex-convento de Santo Domingo para proceder a la inauguración del “Museo das Mariñas”, cuyo evento tuvo lugar a las ocho y cuarto de la tarde.